Sunday 28 de April de 2024

O Goberno local propón ao Pleno protexer unha decena de edificios de singular valor arquitectónico


Os inmobles que conforman esta primeira separata do catálogo son dez: o edificio Citröen, o do Banco do Noroeste, o edificio POU, o Edificio da Cooperativa de Alféreces, o edificio de vivendas en Juan Flórez no28, a Escola Pablo Picasso, o grupo de vivendas dos Mariñeiros, as vivendas de Claudio San Martín, o edificio da avenida Fernández Latorre no 43, e as vivendas pareadas na rúa do Padre Sarmiento

O Goberno local levará a Pleno a aprobación provisional da modificación do Catálogo de Edificios Protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Neste caso, co fin de acelerar a protección de dez edificios que se atopan no devandito expediente e que non están cuestionados por ningún informe sectorial, o executivo que dirixe Inés Rey entende prioritaria súa aprobación. Esta decisión permitirá protexer a estes inmobles antes do levantamento da suspensión actual das licencias no mes de decembro. A alcaldesa, Inés Rey, asegura que estes inmobles, na súa maioría exemplos de arquitectura moderna da segunda metade do século XX, son patrimonio da cidade e teñen que estar protexidos por iso urxe aprobar canto antes esta modificación.

Os inmobles que conforman esta separata do catálogo son dez, os que o Executivo local considera que teñen máis valor e que non están cuestionados por ningún dos informes sectoriais desfavorables ao documento: o edificio Citröen, o do Banco do Noroeste, o edificio POU, o Edificio da Cooperativa de Alféreces, o edificio de vivendas en Juan Flórez no28, a Escola Pablo Picasso, o grupo de vivendas dos Mariñeiros, as vivendas de Claudio San Martín, o edificio da avenida Fernández Latorre no 43, e as vivendas pareadas na rúa do Padre Sarmiento.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Villoslada, anunciou o pasado 1 de outubro no Pleno ordinario que se faría esta separata “para poder axilizar a catalogación de aqueles edificios que teñen maior interés e así poder catalogalos antes de que se levante a suspensión de licenzas no mes de decembro”. Dito anuncio realizouse no pleno no que se declarou fillo predilecto ao arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, autor dun dos edificios incluidos no documento, o antigo concesionario da Citröen.

A aprobación inicial deste catálogo tivo tres informes sectoriales desfavorables de Costas, Portos do Estado e Patrimonio da Xunta. Deste xeito, e ata que non se emenden estas decifiencias, non é posible levar a aprobación provisional todo o documento. O Goberno local levará, por tanto, os dez inmobles que se consideran “máis valiosos” e que non foron cuestionados por ningún informe sectorial.

Destaca o valor patrimonial de inmobles como o edificio Citröen, obra de Andrés Fernández Albalat, del año 1959, de estética moderna americana, e cunha imaxe urbana tamén próxima ao expresionismo racionalista. Tamén a Escola Pablo Picasso, edificio de José Antonio Corrales, cunha apariencia propia da súa contorna marítima, o edificio da antiga sede do Banco do Noroeste, de Ramón Vázquez
Molezún e José de la Mata, no que salienta a reintepretación das galerías coma nova pel moderna, ou os edificios Pou e da Cooperativa de Alféreces de Miguel Fisac e Carlos Meijide respectivamente, magníficos exemplos do emprego do formigón armado e da arquitectura dos anos 60 e 70.